Estamos moi contentos porque dende a illa chegou unha carta que nos envía o Mago Alfa. Conta que xa remataron as obras da escola que se inaugura este curso no Bosque dos Trasnos, a carón da Árbore Sagrada e co seu xardín dos Unicornios na parte traseira. Este xardín coa súa horta é comunitario, todos participan na súa creación e coidado, así que nos convidan a colaborar con eles polo que animamos as familias a que plantedes flores, plantas, plantas aromáticas, leitugas, tomates,...
Esperamos recibir algunha mostra do que plantedes, ou ben fotografías, vídeos,...
Imos axardinar o planeta entre todos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario