03 noviembre 2019

3º CARTA: SEREA DEVA- Mestra de ISÓTITA

Esta semana recibimos no noso buzón a 3ª carta de Illa Fantasía, a súa 
remitente e a serea Deva que e a mestra de Isótita. 
Contounos moitas cousas na carta da capitá Mariana, da Dama Gris,...e deixounos
unha misión que e a seguinte: 
Se queremos coñecer a Capitá Mariana temos que escribir na folliña de Illa Fantasía
que levamos a casa:
. O importante que é o mar na nosa vila, se hai pescadoras,lonxa, peixerías,
mariscadoras, barcos, praias….
. Onde podería atracar o seu galeón dourado "O Stella Maris ".
. Como chegar dende o lugar onde atraque o Galeón ata a nosa escola.
Podemos empregar fotos,debuxos…

DAMA GRIS
PIRATA MARIANA
SEREA DEVA


No hay comentarios:

Publicar un comentario